O que o meu pai me ensinou e o seguro me aforrou

“Ola, son Manolo e perdín ao meu pai. El nunca falou de herdanza, pero legounos unha ‘fortuna’. Lembro as excursións en coche sen aire acondicionado e sen móbil, cantando cos meus pais; os xogos coas miñas irmás; e as discusións que remataban en bicos e abrazos de reconciliación. Ensinounos o respecto con cariño, a traballar xuntos e a compartir as nosas experiencias, preocupacións e anécdotas do día durante as comidas. Aprendemos a arte da paciencia, a reflexión e tomamos nota dos seus consellos para resolver problemas. Agradézolle os bens materiais que nos deixou, pero, sobre todo, admiro o seu exemplo.”

Os pais de Manolo eran moi ordenados e gardaban os papeis importantes nunha carpeta azul. Alí durmían o testamento e o “recibo dos mortos” que contrataron en 1977: todo ben atado. Á parte de pagar o enterro, a lápida e a necrolóxica do xornal, o Seguro de Decesos xestionou todos os trámites. “Nós practicamente nin nos decatamos. Empezaramos o noso dó”.

  1. Ocupouse de conseguir o Certificado de Defunción, varios certificados para poder facer todas as xestións.
  2. Realizou a inscrición no Rexistro Civil, dentro das 24 horas seguintes ao falecemento do meu pai, e xestionou a licenza de enterramento.
  3. Solicitou o Certificado de Últimas Vontades ao Ministerio de Xustiza para comprobar posibles modificacións testamentarias.
  4. E á vez solicitou o Certificado de Seguros para comprobar se existía algunha póliza de Vida ou Accidentes.

O Seguro de Decesos ocúpase de xestionar todos os trámites necesarios tras a morte dunha persoa e así pechar o último paso na súa vida e, por suposto, aliviar este transo aos seres queridos. Pero ademais, un Seguro de Decesos tamén pode facer o traslado nacional e internacional, axudar coa xestión do dó, ofrece servizo de orientación telefónica, axuda a domicilio, testamentos en liña, fin da vida dixital…

Manolo e as súas irmás recibiron moito, moito…

“O diñeiro vai e vén; pero a responsabilidade, o compromiso e a honestidade que aprendemos dos nosos pais, nunca se esquece.”