05/09/2022

O que se aprende na xuventude florida nunca se esquece

Que levan agora @s nen@s ao colexio para estudar, libros, tabletas, portátiles? As novas tecnoloxías xa se utilizan como material escolar habitual.

Pero… A quen pertencen: ao centro ou aos alumnos? E se os rouban ou se estragan, quen asume a culpa?

Existen os seguros para colexios que cobren os incidentes que acontezan dentro do centro, sen importar a propiedade do dispositivo. Se é prestado polo centro docente ou a AMPA, o seguro paga. E se é propiedade o alumno, o seguro tamén podería asumir a indemnización.