06/09/2023

O seguro do coche podería NON cubrirte se…

Tes un accidente co teu pai, coa túa nai, co teu fillo… A aseguradora prevén posibles fraudes por finxir un accidente para cobrar a indemnización.

Circulas fóra dunha vía non apta como a area da praia, un camiño de terra ou unha pista forestal.

Non prestas auxilio a un accidentado. A Lei obríganos e impón sancións por non o facer.

Tuneas ou modificas o coche (por exemplo, con pneumáticos máis anchos) pero non informas á aseguradora.

O teu fillo menor de 25 anos sofre un accidente, pero non incluíches o seu nome no seguro.

Categorías