03/02/2023

O teu seguro de Fogar, cobre o roubo do móbil?

O teu teléfono móbil é caro, garda os teus datos persoais (claves, contactos, contrasinais…) e xa non podes vivir sen el. Que pasa se cho rouban?, a ver quen che recorda o aniversario dos teus sogros?!

Cóbreo o Seguro de Fogar? Pode…

Algunhas pólizas de Fogar teñen a garantía de “Atraco fóra do fogar” (non furto) que considera unha cantidade económica fixa. Tamén algúns seguros teñen a opción de incluír certas garantías específicas para roubo e atraco, pero sempre hai que ter en conta que son garantías opcionais polo que convén que, se estás interesado, nos preguntes. Sempre hai solucións, pero debemos estudalas.

E se rompe a pantalla?

Tamén pode cubrilo cun todo risco accidental ou tecnolóxico. Outra opción é contratar un seguro especializado en dispositivos (ordenadores, tabletas, móbiles…). Consúltanos e aconsellámoste.