05/09/2022

Ole, ole… Hoxe si hai colexio seguro

Se en vez de nen@s son rabos de lagarta, subirán polas barras, escalarán paredes e mostrarán ousadía lanzándose por calquera sitio que teña un mínimo de aventura. O patio é o parque de atraccións escolar onde máis contratempos se producen.

Por iso, en España dende 1953 existe o” Seguro Escolar Obrigatorio” e inclúe accidentes, enfermidades e infortunios familiares entre as súas garantías; non obstante, é un produto con importantes limitacións e que non cobre a toda a poboación escolar. De entrada, os máis pequenos están excluídos, xa que só é obrigatorio para os alumnos de terceiro e cuarto da ESO, Bacharelato, Formación Profesional e universitarios ata os 28 anos. Tamén gozan desta protección os estudantes dos cursos superiores de música e danza.

Por esa razón, as AMPAS, as direccións de moitos centros e algunhas empresas provedoras contratan seguros privados para ampliar os riscos e darlles cobertura aos escolares que están fóra da protección obrigatoria.

Os centros aplicados fan os deberes

Claro que si, os centros de estudos son os primeiros que saben que o seguro obrigatorio é insuficiente, por iso contratan outros adicionais ante calquera accidente dentro das súas instalacións tanto do alumnado coma do profesorado ou baixo a tutela do profesor (por exemplo, unha excursión escolar), responsabilidade civil, danos ás súas propias instalacións, responsabilidade legal que se deriva para a dirección, etc…

E do bullying que…?

O bullying é un dano persoal (con repetidas ameazas verbais ou físicas que agonían á vítima) e podería, ou non, estar cuberto pola Responsabilidade Civil, que xunto coa cobertura de danos pertence á familia dos Seguros para Centros de Ensino. Nós sempre recomendaremos que isto estea perfectamente contemplado.

Os centros que sempre sacan boas notas recoméndanlles aos papás un seguro de continuidade de estudos. Pagará a formación dos rapaces ata superar o Bacharelato ou a Universidade por incapacidade ou falecemento do cabeza de familia.

Aprobado con sobresaínte!