03/04/2025

Ollo ao dato! A asignatura pendente das pemes

Si, falámosche a ti, propietario dunha perruquería que garda números de teléfono de clientes. E a ti, dona dunha tenda en liña que almacena enderezos de envío. E, por suposto, a ti, xerente dun pequeno restaurante con ficheiro de reservas. Calquera negocio que recolla un simple nome e teléfono xa está obrigado a cumprir co RGPD. Estás facéndoo correctamente?

As multas por infraccións de protección de datos acadaron os 29,8 millóns de euros en España en 2023. E non, non foron só os xigantes tecnolóxicos os que as recibiron. Moitas pemes e autónomos víronse afectados por non cumprir correctamente coa normativa.

Estas son as claves para que o teu negocio cumpra coa normativa:

  1. Informar claramente aos teus clientes sobre o uso dos seus datos
  2. Recoller consentimentos expresos
  3. Levar un rexistro de actividades de tratamento
  4. Asinar contratos que regulen os encargos de tratamento
  5. Analizar os riscos e aplicar medidas de seguridade
  6. Xestionar adecuadamente o exercicio dos dereitos dos interesados
  7. Notificar as brechas de seguridade se ocorren

Ademais de implementar estas medidas, é fundamental revisar o teu seguro de Responsabilidade Civil. Un bo seguro de RC profesional podería incluír cobertura para infraccións de protección de datos, algo que moitas pólizas estándar non contemplan.

As consecuencias dun incumprimento van máis alá das multas: o dano reputacional pode ser devastador para o teu negocio. Como corredores de seguros, podemos axudarche a atopar a cobertura que realmente necesitas para protexer a túa empresa en todos os ámbitos.

Máis vale previr que lamentar
Política de privacidad

Más información en política de privacidad