01/08/2023

Onde esteas, seguro esteas

Gozas atendendo ao público? Sabes idiomas? Desexas traballar con turistas? Es perfeccionista? Xenial! claramente podes traballar, e mesmo dirixir, un hotel, hostal, casa rural, cámping ou apartamento turístico. Á parte de xestionar reservas, o teu labor fundamental será velar por que os teus clientes se sintan mellor que na casa. E, ollo!, tamén hai que protexer o persoal laboral e, por suposto, o patrimonio ao teu cargo (edificios, maquinaria, mobiliario, elementos decorativos…).

A seguridade non é un accidente, é resultado dun esforzo intelixente.

O Seguro para Aloxamentos é obrigatorio por lei. E as coberturas obrigatorias son:

  • Danos materiais: auga, humidades, incendios.
  • Roubos: un bo seguro pode incluír cambio de pechaduras, e tanto roubo de diñeiro en efectivo como obxectos persoais. Tamén se adoitan incluír garaxes e terrazas.
  • Responsabilidade Civil: cubrindo os danos causados a terceiros.
  • Realoxamento provisional: cando debes realoxar os hóspedes por algún dano, e tamén os veciños do hotel cando o sinistro que sufran sexa causado polo hotel.
  • Seguro de Accidentes de traballadores: con gastos médicos e indemnización aos empregados que teñan un accidente.
  • Maquinaria: normalmente é moi custosa, calcula canto custa reparar o ascensor.

E tamén podes complementar todas estas coberturas, pois é que existen outros riscos que nin imaxinas: un empregado infiel, perda de beneficios por un peche inesperado, defensa xurídica por reclamacións ou a Responsabilidade Civil que poida ter a dirección do establecemento.

Cando o cliente é o primeiro, o cliente é eterno

O noso hotel tiña un encanto especial. De verdade, sentimos que eramos o primeiro. Alí había orde, limpeza, amabilidade en todo o persoal… Seguramente deixo moitos detalles, pero detrás deste servizo hai unha dirección preocupada por todas as persoas, empregadas e visitantes. MOITAS GRAZAS.”