Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Os teus seguros sen “letra pequena”

Un seguro é un contrato entre dúas partes: ti e a compañía e como todo contrato, ten os seus dereitos e as súas obrigas. Nós como expertos analizamos as túas necesidades e ofrecémosche o mellor produto ao mellor custo. En todos os contratos se destacan claramente os prazos de anulación, tanto por parte da entidade como pola túa banda como asegurado, e ata agora fixábase en dous meses por Lei para ambas as dúas partes. Este ano 2016 entraron en vigor algúns cambios que supoñen boas noticias para ti.

Agora, o prazo redúcese a 1 mes para ti como asegurado. Non obstante, se é a compañía quen non quere renovar, deberá avisarte co prazo antigo (2 meses).

As pólizas de Dependencia e Decesos son especiais: só ti, como asegurado, podes anular o contrato e non a compañía.

Por certo, que tanto a forma como os prazos de anulación deben destacarse claramente.

E o contrato resaltará, cunha tipografía especial, as exclusións e limitacións das garantías para que non haxa lugar a equívocos.