01/12/2021

Papá Noel é autónomo

Papá Noel viaxa por todo o planeta para entregarlle regalos a todo o mundo, pero só se te portaches ben. Cremos que só traballa unha noite ao ano. Non é así, pois nunha noite demostra todo o traballo que estivo realizando ao longo do ano. Papá Noel é autónomo e ten contratado o Seguro de Accidentes para el e os seus traballadores, os elfos, e tamén a Responsabilidade Civil para posibles reclamacións se se equivoca ou non cumpre cos seus moitos compromisos.

Preocupáballe moito unha Baixa Laboral por se cae por unha cheminea e non pode volver montar na súa zorra, mesmo se morre a causa dun infarto, pois non podemos negar que a loxística de ser Papá Noel é moi estresante. Grazas ao seu Seguro de Vida Mamá Noel recibirá a indemnización.

Está claro que non todos caeremos da zorra, pero si que nos poden atropelar nun paso de peóns, sufrir un infarto ou romper unha perna mentres facemos sendeirismo pola serra comarcal, e isto vai impedir que continuemos coa nosa actividade profesional. Un bo Seguro é o teu mellor compañeiro e nós, como “Corredores” de seguros, axudámosche a elixir os máis adecuados para ti sen pagar máis polo que NON che fai falta e garantindo que SI tes o que necesitas.