06/07/2022

Para ser condutor de primeira… respecta

Coñeces os cambios da Lei de Tráfico? Porque hai que repasalos antes de saír de vacacións, e é que xa non vale todo o que aprendiches cando sacaches o carné de conducir.

“Novos tempos, novas normas”

Novos tempos adaptados a tecnoloxías como o uso do teléfono móbil con perda de 6 puntos. Nada de inhibidores de radares (conectados ou non) porque restarás outros 3 puntos.

Novas normas para reducir a contaminación con limitacións de velocidade en determinadas zonas das cidades. Maior seguridade para as persoas con prohibición de aparcar en carril bici ou vías ciclistas.

O condutor de primeira xa non acelera

Non podes superar os 20 km/h para adiantar en estradas convencionais. NON tires nada pola xanela, ademais de protexer o medio, podes provocar un incendio ou un accidente, ademais de restarche 6 puntos. Cando superes unha bicicleta ou ciclomotor, ocupa completamente o carril continuo ou retiraranche 6 puntos. Conducir sen casco, 4 puntos menos. E detente nos pasos de peóns porque SEMPRE teñen preferencia.

Coloca o cinto de seguridade e protexe @s nen@s con sistemas de retención baixo perda de 4 puntos, ademais pode salvar as súas vidas, ou evitar lesións graves en caso de accidente.

Cantos puntos tes?

Podes consultalos de forma gratuíta a través da DXT.

Se os perdes e queres recuperalos deberás esperar 2 anos sen cometer infraccións. E cando te examines non copies baixo multa de 500 € e a imposibilidade de volver presentarte nos 6 meses seguintes.

Lembra que o importante non é ir, senón chegar e volver.

Categorías