Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Para voar abonda con pedalear

A DXT di que a bicicleta é un dos medios de transporte máis eficientes, pois mellora a fluidez do tráfico e diminúe os niveis de contaminación. Ademais, é un transporte divertido, económico, limpo e saudable.

E se isto non fose suficiente, Susan Brownell Anthony, sufraxista e feminista norteamericana, dixo da bicicleta que esta fixera máis pola emancipación das mulleres que calquera outra cousa no mundo. Scott Stoll dixo: “un paseo en bicicleta polo mundo comeza cun só golpe de pedal”, un profesor que percorreu o mundo en bicicleta e nolo contou no seu libro “Falling Uphill”.

E antes de comer o mundo a pedaladas queremos recordarche os elementos de seguridade que debes ter en conta, ademais de como e que revisar da túa bicicleta:

  • O uso de casco homologado é sempre recomendable; e é obrigatorio para menores de 16 anos, en todos os casos, e para maiores é obrigatorio en vías interurbanas.
  • É moi importante ver e tamén ser vist@; por iso é obrigatorio levar luz branca dianteira, luz vermella traseira e un reflector vermello traseiro. Tamén é obrigatorio o timbre. Ademais, é recomendable levar un chaleco reflectante cando é necesario (de noite, nun túnel ou en vías interurbanas).
  • Revisa o estado da túa bicicleta: a distancia entre a sela e o guiador (debemos chegar sen forzar e que a altura da sela non supere a do guiador e cheguemos cos pés ao chan), os freos (que freen, o cable sempre tenso, e comprobar as zapatas e as forquitas), os cambios e o cadro (comprobar que se encontren en bo estado e funcionen todos os compoñentes) e as rodas (revisar a presión e o estado das cubertas).

E unha vez convertid@s en ciclistas hai que recordar que estamos conducindo un vehículo, polo que hai que respectar todas as normas de circulación, sinalizar correctamente as manobras e por suposto non conducir baixo os efectos do alcohol ou substancias estupefacientes, non utilizar o móbil ou cascos; de non ser así poderían multarte, pero nunca quitarche puntos do carné de conducir, en caso de telo.

E, por último, un Seguro de Bici, que conte con Responsabilidade Civil, Asistencia Sanitaria e Roubo; atropelar un peón, ter un accidente coa porta dun coche que se abre, ou encontrarse coa cadea da túa bici atada a unha árbore, son cousas que acontecen…