12/12/2022

Pepe, Paco, Elena e 13 máis tirados na estrada

Pepe viaxa coa súa muller e os 2 netos. A súa filla Elena vai detrás coa súa parella e as xemelgas. O seu outro fillo, Paco, é o último da caravana familiar e leva os seus sogros. Pasarán este Nadal na casa da aldea. Ao saír da autovía, 100 metros antes de entrar na rotonda, Pepe frea bruscamente e Elena pégalle por detrás; o seu irmán Paco tamén choca con Elena. Ao final, chocan en cadea 6 vehículos.

Quen paga e quen cobra?

En principio, a culpa é de Pepe, o primeiro condutor. O seu seguro deberá asumir todos os danos persoais (sexan parentes ou non) e os danos materiais DOS QUE NON SON FAMILIA. A aseguradora podería abrir unha investigación posterior e decidirá. Pero…

Por que o seguro non cobre un accidente familiar?

Para evitar os intentos de fraude. Entre parentes é moi doado poñerse de acordo, pactar un golpe e cobrar unha indemnización que che deixe o coche coma novo.

Non obstante, o seguro SI se ocupará dos demais automóbiles. Aínda que, ollo!

Non todos os seguros de Asistencia na Viaxe son iguais

Poden cubrir case calquera imprevisto: avarías, reparación “in situ”, remolque, transporte alternativo, aloxamento no hotel, envío de repostos, gastos médicos, repatriación e asistencia internacional.

Pero cada seguro e cada cobertura marca as súas excepcións. Por exemplo, uns poden ofrecer grúa dende o Quilómetro 0 e outras non. A cobertura pode ser só en Europa ou internacional. Facilitarache un coche de substitución ou non. Simplemente debes asegurarte de que efectivamente están contratadas estas coberturas. Tamén che aconsellamos que, en caso de necesitar grúa e transporte, só collas o que che envía a túa aseguradora pois doutra empresa pode que non estea cuberto. LEVA SEMPRE O NÚMERO DE TELÉFNO DE ASISTENCIA, nós facilitámoscho ao contratar a póliza, grávao no teu móbil e ademais anótao na túa documentación.

A asistencia na Viaxe é imprescindible se queres rematar o teu desprazamento san e salvo sen pagar máis. Se non sabes como conseguilo: CHÁMANOS.