04/02/2022

Pepe Peixeiro: “tenda pechada non vende nada”

“O instinto de supervivencia díxome: Pepe tes que tirar para adiante agudizando o enxeño e esforzándote máis. Se hai que facer a rebelión do pequeno comercio, pois faise!”.

Non o sabían, pero, para saír adiante, Pepe Peixeiro e Manola Mociños aplicaron a técnica do comerciante exitoso e resiliente. Escoitaban malas noticias, vivían con incerteza, a caixa estaba baleira… Tiñan medo, pero non entraron en pánico, mantiveron a calma. Como tantos outros pequenos comercios, colleron lapis e papel e fixeron contas. Reduciron gastos, negociaron pagamentos con provedores e puxeron en marcha promocións. Os premios foron clientes máis fieis.

Os tendeiros son os ollos da rúa, preocupáronse por nós. Son persoas ás que lles podes comprar semana tras semana. Ofrécenche bos produtos porque saben que vas volver. Non te enganan. Por iso confiamos neles.

Dende o sector asegurador desexamos que continúen atendéndonos tan ben como ata agora. Por iso, indemnizamos todos os seus riscos: incendios, roubos, escapes de auga, rotura de cristais e rótulos, danos atmosféricos, danos a equipos electrónicos…

Tamén cubrimos os danos estéticos á estrutura e ao interior dos seus negocios (muros, mobiliario, decoración, maquinaria). Habilitámoslles un Servizo 24 horas con atención rápida de profesionais (fontaneiro, electricista, cerralleiro…) e vixilancia (para roubos en xeral e roubos con coche-carneiro).

Os pequenos comerciantes son disciplinados e atentos connosco, os seus clientes. Envíannos esta mensaxe:

“É momento de dar grazas á fidelidade dos nosos clientes, ao boca a boca e ao traballo dos de casa, dos que vivimos deste negocio. Non son tempos doados, pero é un pracer verte entrar pola porta cada día.”