01/10/2021

“Por San Lucas alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba”

Canta a xota navarra:

 

“¿Por qué vienen tan contentos los labradores?

Que cuando vienen del campo, vienen cantando.

Ya vienen de ver el fruto de sus sudores”.

 

Este outono comeremos alcachofas, cardo, patacas, chícharos, allos… todo fresco e da horta local. Para nós, os consumidores, é moi sinxelo e barato aparcar o carro da compra no súper e enchelo. 1 quilo de cebolas cústanos 1,04 € aínda que ao agricultor lle pagan 0,07 € (14 veces menos). Plantou a finais de agosto e regou, fertilizou, suou moito e agora recollerá. Estará contento porque a colleita será abundante. O ceo cumpriu e non nos angustiou con sarabia.

 

“Hai un amigo en min”

Cada ano, os cultivos afrontan riscos climatolóxicos, pragas, enfermidades e danos de animais como toupas ou os xabarís. En España, o sector agrícola dispón dos seguros agrarios máis evolucionados do mundo. Cando unha colleita se arruína, as perdas pódeas asumir o seguro.

Un bo seguro responderá ante un sinistro. Desta forma, grazas ao sector asegurador, o sector agrario pode manter os seus ingresos, sen arruinarse, e garantir a continuidade da explotación. É importante que saibas, que dende a nosa “correduría” te acompañamos dende que entras pola porta para estudar todas as túas opcións, segundo as túas necesidades e circunstancias, ata que, ante a ocorrencia dun sinistro, este se resolva.

Como di o refraneiro, “en outubro proba o viño, e o porco en San Martiño”.

Categorías