07/10/2022

Previdos para a morte, protexidos para a vida

María nunca foi a unha escola para millonarios, pero soubo gañar a vida como cociñeira e criar 3 fillos. Aos 54 anos sufriu lesións graves en ambos os dous brazos que lle impedían coller pesos. Os médicos retirárona dos fogóns do restaurante. E o INSS (Instituto Nacional da Seguridade Social) concedeulle a Invalidez Permanente Absoluta.

A partir de agora debería arranxarse cunha pensión non contributiva do 55 % do seu salario. María veu á nosa “correduría” desesperada, quería revisar o Seguro de Vida que contratamos cando deu a luz ao seu terceiro fillo. Bingo! Incluía unha indemnización por Incapacidade.

Preparamos a solicitude ao Seguro, os informes médicos e a resolución do INSS e, en 40 días, recibiu o diñeiro. Xa podería conservar o seu nivel de vida habitual.

“Brazos, para que vos quero se teño ás para voar”

Resolta a súa situación económica, María caeu nunha depresión. Os seus fillos Pedro, Isa e Carlos decidiron non deixala soa. Acompañábana a pasear, a preparar a comida e á psicóloga. Quérenlle moito á súa nai e demostráronllo.

Entre todos, axudáronlle a aceptar a súa nova situación como un reto. As persoas somos capaces de adaptarnos e superar calquera obstáculo e María comprendeuno.

Aos 3 meses comezou a saír a correr 4 veces á semana con 2 amigos e 1 amiga.

Os mércores asesora gratis sobre cociña tradicional e de aproveitamento para non tirar comida na Asociación de Veciños do barrio.

A tranquilidade ocupou o seu espazo, séntese coidada e protexida. Ten o seu Seguro de Vida, cobrou a súa Indemnización por Incapacidade Profesional, que lle axudou a solucionar a súa situación económica, que sería moi precaria se non dispuxese dese capital asegurado, e queda o resto do capital para protexer á súa familia cando ela falte.

Categorías