A popularidade dos patinetes eléctricos segue aumentando nas nosas cidades, pero tamén os seus riscos: en 2024 rexistráronse 396 sinistros, con 240 feridos (138 con lesións leves e 102 con lesións graves) e, o máis triste… 14 falecidos.
As principais causas destes accidentes foron colisións con outros vehículos (65%), caídas (22%) e atropelos a peóns (10%). Pero o máis preocupante é que moitos destes sinistros ocorreron en circunstancias irregulares, como circular por beirarrúas, algo expresamente prohibido.
Lembremos as normas básicas: non superar os 25 km/h, non circular por beirarrúas, autoestradas ou vías interurbanas, e non levar pasaxeiros adicionais. Ademais, desde 2024, os novos patinetes deben contar cun certificado de circulación, o que axuda a identificar e xestionar mellor estes medios de transporte cada vez máis comúns nas nosas cidades.
Tampouco esquezas que agora é obrigatorio ter un seguro de Responsabilidade Civil, unha medida que busca protexer tanto aos usuarios como ás posibles vítimas de accidentes.
Como corredores de seguros, lembrámosche a importancia non só de cumprir a lei, senón tamén de protexerte axeitadamente. A liberdade de movemento que ofrecen estes vehículos debe ir sempre acompañada de responsabilidade.

03/04/2025