Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Que un incendio non che peche a empresa e arruíne a vida

3 A causa principal é un descoido humano (faíscas de soldadura ou caída de substancias inflamables).

Tras o incendio, a empresa pechará temporalmente para acometer os arranxos oportunos. Sabes canto custaría?

Unha reconstrución dura 5 ou 6 meses. O negocio deberá contar con recursos suficientes para pagar os gastos fixos (soldos, teléfono, alugueiros…). Tamén asumirá os custos de reparación e a perda de beneficios que non obteña durante ese período. Entón é cando toca sumar gastos e ao non os poder asumir toca pechar.

A grandes males, grandes seguros

Afortunadamente existen os Seguros Multirriscos para Empresas e os Seguros de Lucro Cesante. Que son?

O multirrisco garante a reconstrución das instalacións e o dano provocado a outros. O lucro cesante (ou perda de beneficios) indemniza polos gastos fixos e o beneficio bruto que deixarás de xerar mentres duren os arranxos co aboamento dunha indemnización diaria.

Cada ano prodúcense 42.000 incendios en empresas industriais (un incendio cada 1 hora e 17 minutos). Prepara un Plan de Prevención, mantén o teu negocio ordenado cun mantemento correcto, revisa periodicamente a instalación antiincendios e utiliza con coidado a maquinaria.