Quen paralizou o SEPE?

Marzo de 2021: 5 millóns de beneficiarios, 710 oficinas presenciais e 50 virtuais quedan paralizadas. O Servizo Público de Emprego (SEPE) sufriu un ataque informático e bloquéanse 100.000 xestións diarias. Aseguran que non se vulneraron datos persoais (nomes, enderezos, números de conta…) pero que, por se acaso, comprobemos a autenticidade de calquera correo electrónico supostamente enviado por eles.

“Isto non foi un rapaz cun ordenador dende a casa”

Existen bandas organizadas de hackers con acceso a calquera dispositivo: ordenadores, teléfonos, correos electrónicos, WhatsApp… Si, todos somos vulnerables. Os organismos públicos e as empresas deben dispoñer, por lei, dunha estratexia de seguridade. Se non, afrontarán unha sanción (de ata o 4 % da súa facturación anual) e asumirán indemnizacións por danos e prexuízos. Ollo! O SEPE non tiña protocolo de seguridade.

Así morren as empresas

Para evitar un peche cibernético necesitas un ciberseguro que asuma os gastos e a asistencia técnica pola xestión da crise, pague os rescates esixidos e as indemnizacións aos prexudicados (clientes, provedores, empregados), a perda de beneficios e as posibles fraudes.

A túa empresa aínda non ten ciberseguro? Cando queiras falamos…