05/04/2023

Sabíalo? Nunca te deitarás sen saber algo máis

Explicámosche 3 curiosidades do Seguro de Vida que, talvez, descoñeces.

  1. A indemnización obtida por un seguro de vida NON forma parte da herdanza do falecido. De xeito que por un lado se tramitará a herdanza (onde se repartirán os bens, dereitos e obrigas do defunto) e por outro os beneficiarios do seguro de vida terán dereito a percibir a cantidade garantida.
  2. Podes ter varios Seguros de Vida para alcanzar tantos beneficiarios como queiras. Unha mesma persoa tamén pode ser beneficiario de varios seguros.
  3. Nos Seguros de Vida non hai que avisar dos cambios de estado de saúde. Se empeora non se poderá considerar como agravación do risco e estarán cubertos.

Algunha dúbida máis? Consúltanos.