09/06/2023

Saúde, “sen ti non son nada”

Cantos anos tes? Con parella? Sen parella? Con familia? Canto gañas? Entón, que seguro de Saúde necesitas?

Dende a nosa “correduría” dicímosche que depende, xa que non hai produto igual, pero moito menos, persoa e necesidade igual. Así que che recomendamos 3 opcións.

Fórmula “Single”

Se queres evitar as listas de espera na Seguridade Social, un seguro básico con especialistas e probas diagnósticas axústase á perfección á súa función.

Para familias

Protexes a túa familia que necesita medicina xeral, especialidades, diagnósticos, urxencias e hospitalizacións. Podes escoller entre os mellores centros médicos de España.

Todo incluído

Tod@s recibiredes atención sanitaria completa cando e onde queiras, sen pagamentos extra a cambio dunha cota mensual. Se che apetece, podes incluír outras vantaxes como dentista, segunda opinión médica ou asistencia na viaxe.

Beneficios gratis

Un seguro de Saúde achégache beneficios que non custan diñeiro. Por exemplo, a medicina preventiva ten custo 0 €: revisións, mamografías, probas de próstata, colonoscopias, análises de colesterol, vacinas…

E, sobre todo, a tranquilidade de saber que terás a túa asistencia sanitaria e médica asegurada e sen esperas.