08/11/2021

“Se o teu inquilino deixa de pagar… ti continúas cobrando as túas rendas mes a mes e as subministracións”

Ás veces son herdanzas e outros investimentos. A nosa clienta Maite, comprou un piso, despois foi vivir á casa da súa parella, cousas de funcionalidades, unha casa máis grande para darlle a benvida ao neno que viña en camiño…

Quería manter o seu piso e a solución para poder facelo era poñelo en alugueiro. Buscou inquilinos, asinou o contrato e todo ía ben ata que tiveron problemas económicos: facturas de subministracións sen pagar, mensualidades pendentes, contratempos no piso, como recuperar o piso en caso de incumprimento de contrato?

Para iso existen os seguros de “impagamento de alugueiro”, por unha parte, axudan a elixir o teu inquilino ideal coa análise de solvencia sen necesidade de moitos papelames e garánteche o pagamento das rendas debidas e as subministracións. Deixar pendentes de pagamento as facturas de luz ou de gas do último inverno pode ser un bo pau ao peto, aínda máis elevado que a débeda da renda.

Ademais, un bo seguro de impagamento de alugueiro encárgase de reclamar e defender os teus dereitos en caso de incumprimento contractual, de danos causados á vivenda, ou local, e mesmo indemnizar por actos vandálicos provocados por inquilinos malintencionados. Un bo asesoramento xurídico pode guiarte para recuperar e protexer os teus inmobles ou para botar o inquilino o antes posible.

Hai quen depende das rendas dos seus alugueiros para vivir, foron o seu investimento e agora a súa renda. Se as persoas que alugaron non cumpren ou non teñen rendas; non teñen protección.

Ás veces dúbidas en alugar a casa da aldea, ou os locais herdados. Tes medo a que cho destrúan, a que non che paguen, medo a ter que facerte cargo das súas facturas. E mentres tanto, a casa da aldea afúndese, os locais convértense en niños de lixo e de po… Darlles unha nova vida, unha oportunidade de uso, pode ser bo para ti, para os teus bens e para as persoas que os necesitan alugar. Protexe os teus intereses.