01/12/2021

“Sé un heroe e corre!”

“Aproveitamos a ponte para reunirnos na casa dos nosos pais e poñer o Nadal. Faciámolo de pequenos, e mantémolo, é unha tradición familiar. E na casa, empezamos o 6 de decembro. A árbore de Nadal, coas súas cintas e adornos. Tamén montamos un pequeno belén. O portal é unha cabaza tallada que nos regalou o noso tío. E nun paseo familiar recollemos ramiñas de piñeiro e algunhas piñas secas. Poñemos un poucas serraduras para facer o chan e, por suposto, o río con papel de aluminio. E que non nos falten as luces, moitas e acendidas moito tempo”.

Isto é unha bonita escena do Nadal, típica en moitos fogares por estas datas. Analizamos os riscos? Vai frío, moito, polo que acendemos máis fontes de calor, sexan eléctricas, de biomasa, ou de gas… Ademais, temos máis iluminación, con cables, regretas con varios enchufes…, adornos e moito plástico, cortinas, sofás, pintura plástica… Elementos que arden doadamente nun pequeno descoido, un pequeno fallo eléctrico ou unha pequena faísca que pode desencadear un fatídico incendio.

Dende a Fundación Fuego, dedicada á información preventiva ante o incendio, indícannos que “os primeiros minutos do incendio e a forma de actuar son claves”.

Se na túa casa se declara un incendio e non podes apagalo, sé un heroe e CORRE, non uses o ascensor. Chama ao 112 mentres saes á rúa, avisa a todas as persoas que viven no teu edificio. Nin unha vida en perigo.

Se o lume obstrúe a saída, corre ao cuarto máis afastado, sempre pechando as portas e cubrindo as fendas das portas con roupa mollada para bloquear o fume. Cubre cunha peza de roupa húmida a túa boca e o teu nariz. Achégate ás ventás e pide axuda. E se se incendia a túa roupa, tírate ao chan e roda.

Cada ano rexístranse 50 millóns de sinistros no fogar. Os seguros resólvenos pagando 5,5 millóns de euros diarios en indemnizacións.

En España, decláranse máis incidencias (50 millóns) que habitantes (47,39 millóns).

Case con seguridade, a compra dunha vivenda é o investimento máis importante que realizas na túa vida, só tes que recordar os esforzos que che custa pagala. Por iso, na nosa “correduría” axudámosche a protexela adecuadamente co seguro do teu fogar para que ningún contratempo afecte a túa calidade de vida.