04/04/2022

Seguro de Accidentes: non hai que morrer para cobrar

Aínda que sexamos novos e sans, vivimos expostos a sufrir un accidente que, no peor dos casos, nos retire deste mundo; pero tamén nos pode xerar unha discapacidade, o que provocará un cambio total de vida, adaptación na casa, no coche, e quizais unha imposibilidade de realizar o traballo habitual. Tamén pode acontecer que, tras o accidente, se necesite un longo período de recuperación, operacións e rehabilitación, moita rehabilitación. Que facer para ter uns ingresos que che axuden mentres tanto? Para iso, existen os Seguros de Accidentes recomendables para calquera profesión ou actividade de ocio, e especialmente se traballas por conta propia.

Protéxente no traballo, na vida privada e nos desprazamentos. Cobrarías unha indemnización por invalidez, pode ser Permanente, Absoluta ou Parcial, e tamén por falecemento (os teus herdeiros). Estes seguros tamén poden asumir a hospitalización e asistencia sanitaria.

Ah! Funcionan dende o minuto 1 da contratación (non adoitan ter carencias nin franquías).

 

Categorías