Seguro ilimitado para o transporte escolar

O valor da túa familia é incalculable. Dende 2017, existen novas normas para o transporte escolar e tamén se intensificou a vixilancia por parte da DXT (Dirección Xeral de Tráfico). E é que máis dun millón de nenos e mozos utilizan este medio de transporte para poder asistir aos seus colexios e institutos. Actualmente temos unha grande incerteza respecto da volta ao cole, pero do que si estamos seguros, é de que irán SEGUROS.

Como todo vehículo a motor, os autobuses deben ter contratado un seguro obrigatorio, pero ademais deben contratar un seguro complementario ilimitado que cubrirá toda a responsabilidade civil por danos e prexuízos.

Non está asegurada a volta ao colexio, pero se hai volta, está moi ben asegurada.