Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Seguros de saúde: Un non sabe o que ten ata que o perde

O meu amigo Pepe tiña unha noiva á que nunca lle facía caso. Era unha rapaza estupenda, das de “ata que a morte nos separe”. Permitíalle todos os caprichos: comer máis da conta, beber cos amigotes, tombarse no sofá… Pepe queríaa moito “ao seu xeito”. Pasaron os anos, a noiva cansouse, deixou plantado o meu amigo e Pepe enfermou porque a súa noiva de toda a vida era a súa saúde.

Entón visitou o médico. Non ía ao Centro de Saúde dende pequeno. Mentres agardaba a súa quenda na sala de espera meditou sobre cousas que non cambian nunca: algunha vez enfermamos e dependemos de que outros nos curen. De neno, envexaba os médicos porque traballaban con enfermos, pero nunca “se poñían malos”. Por que? Unha vez o mestre explicoulles que os médicos se coidaban sós: levaban unha vida saudable e, como coñecían moitos doutores, buscaban o mellor de cada especialidade.

Vaia, vaia… igual que un seguro de Saúde.

Como elixir?

O mellor seguro de Saúde é o que mellor resolve as túas necesidades. Dito así parece sinxelo. Pero… como o encontras? No mercado hai moitas propostas que se axustan a cada situación e persoa, nós coñecemos todas as opcións, coñecémoste a ti e poñémosche enriba da mesa as mellores alternativas.

Á hora de contratar un seguro de Saúde é importante valorar certos aspectos: cadro médico, especialidades médicas, cirúrxicas, probas diagnósticas, os servizos dentais. Tamén períodos de carencia, posibilidade de reembolsos e os copagamentos. Nós explicámoscho. TI ELIXES. As enfermidades e a Sanidade privada teñen algo en común: non te fan esperar porque actúan rapidamente.

Ademais, se es autónomo podes desgravar o seguro de Saúde ata 500€ por cada membro da unidade familiar (cónxuxe e fillos). Se tes persoas empregadas as primas dos seguros de Saúde dos teus traballadores son gastos deducibles no Imposto de Sociedades.

E se es empregado por conta allea, o seguro de Saúde que che paga a empresa non computa como retribución en especie (ata 500 euros).

Por certo… O noso amigo Pepe ten que entrar na consulta. Engordou bastante nos últimos quince anos. Agora acórdase do seu mestre. Dicíalle: “se queres vivir san almorza como un rei, come como un príncipe e cea como un mendigo”.

 

Tomamos nota…?