Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Seguros de Vida e hipotecas: non te deixes coaccionar polo banco

Non nos cansamos de recordalo: os bancos non te poden obrigar a contratar un seguro de Vida vinculado á túa hipoteca. Recólleo unha Directiva Europea (2014/17/UE) e virá recollido na próxima Lei Hipotecaria española.

O banco diche: “contrata con nós estes seguros e reducímosche os xuros da hipoteca”. Mentira! Os produtos ofrecidos polos bancos adoitan ser máis caros a cambio das mesmas ou incluso menores prestacións. E o que é peor, non ofrecen toda a información necesaria para saber o que estás contratando realmente.

Coa hipoteca non é obrigatorio contratar un Seguro de Vida pois a Lei só obriga a subscribir un Seguro de Fogar con cobertura de Incendios por un importe de reconstrución igual á cantidade que lle debas ao banco.

O Seguro de Vida é moi recomendable para afrontar circunstancias especiais (desemprego, enfermidade) ou falecemento (neste caso, a familia quedaría liberada da carga).

Se queres cancelar os teus seguros co banco porque encontraches mellores opcións tes que enviar un burofax á aseguradora e á entidade financeira con 1 mes de antelación e subscribir outra póliza ese mesmo día.

Así de sinxelo. Como xa sabes, na nosa “Correduría” podemos asesorarte adecuadamente.