Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Seguros para dous

Estás embarazada! Parabéns! Xa tes todo preparado para darlle a benvida ao teu bebé: a súa roupiña, tan suave e tenra, dobrada no seu caixón; o seu berce, moi cómodo e acolledor, repleto de peluches; o baño listo, case con burbullas, xabóns, cremas e esponxosas toallas; a súa cadeira, e mil cousas máis que non paras de mirar con cariño e colocar unha e outra vez.

Desexabas ser mamá, polo que te encargaches de telo todo preparado, e que é o máis importante?, non o é un pixama, tampouco unha bonita manta. O máis importante é a túa saúde… a súa saúde. Que todo vaia e saia ben, e esa desexada “horiña curta”. Polo que te aseguraches de contratar no teu Seguro de Saúde a Cobertura de Embarazos e Partos.

Como muller previsora tiveches en conta o período de carencia que podería chegar ata os 10 meses anteriores ao teu embarazo. E contratando esta cobertura poderías ter incluídas todas as probas diagnósticas (ecografías, analíticas, amniocentse…), o seguimento da xestación, asistencia ao parto, atención do bebé e por que non incluír as clases prenatais e, por suposto, un programa de saúde materno-infantil.

Agora só queda relaxarse e esperar, os profesionais encargaranse de garantirche que todo sairá ben. Nós axudámosche a elixir os mellores, porque ti e a túa familia merecedes o mellor.