09/05/2017

Seguros Vida que desgravan: “O que aforra sempre ten”

É o que di o refraneiro, pero é que aforrar, moitas veces, é cuestión de organizarse. Probablemente fuches previsor e gardaches os teus aforros a bo recado. E como estamos inmersos en plena campaña da Renda queriamos recordarche que existen vantaxes fiscais para os que contratamos algún seguro de Vida. En concreto os de aforro, plans de pensións e plans de previsión asegurados.

Beneficios fiscais en Vida 

Se tes PIAS (Plan Individual de Aforro Sistemático) ou SIALP (Plan Individual de Aforro a Longo Prazo), debes saber que os rendementos de capital mobiliario que se xeren están exentos de tributar no IRPF.

Nas chamadas Rendas Vitalicias, unicamente tributas pola porcentaxe de diñeiro que recibes segundo a idade á que contrataches o produto. Lembra que as ganancias dos maiores de 65 anos están exentas se se reinvisten en rendas vitalicias.

E, por suposto, tamén desgravan os Plans de Pensións ata 1.500 euros anuais.