02/08/2022

SEMPRE con casco, pero non de música, en patinete eléctrico

Non, un patinete eléctrico non pode adiantar un coche a 100 km/h como aconteceu en Málaga. A velocidade máxima son 25 km/h ou multarante ata con 500 €.

Deberás levar casco e circular só por vías urbanas. Nin beirarrúas, nin autoestradas, nin travesías nin túneles urbanos. Loxicamente non beberás alcohol, nin conducirás escoitando música, tampouco debes usar o teu móbil. Tes que “estar no que tes que estar”.

Lembra que o patinete é unipersoal, non admite viaxeiros de paquete e debe estar certificado.

Categorías