“Sempre que vexo un adulto enriba dunha bicicleta recupero a esperanza no futuro da raza humana”. H. G. Wells.

A bicicleta escapou do pelotón e multiplicou por 3 as vendas en 1 ano de pandemia, converteuse nun elemento de transporte para desprazarnos mozos e adultos e hai quen a gozamos ademais para facer exercicio.

A bici adelgaza, reduce o abdome, fortalece as articulacións, combate a dor das costas e axúdanos a durmir mellor. Segundo a Escola de Saúde Pública de Harvard, andar en bici 5 minutos diarios axuda a perder peso con maior facilidade na madurez.

En España somos xa 21 millóns de persoas que utilizamos a bicicleta, contribuíndo ademais a ter un planeta menos contaminado. E, non obstante, estamos máis expostos a atropelos, avarías, roubos e actos vandálicos. Como podemos previlo?

3 normas +1

1.- Leva casco. A cabeza é a zona de lesións máis habitual. É obrigatorio en vías interurbanas.

2.- Pon un timbre, tamén é obrigatorio.

3.- Luces dianteiras e traseiras son tremendamente recomendadas, teñen que poder vernos o resto dos vehículos cando nos desprazamos ben sexa en zonas urbanas como interurbanas.

E pon máscara agás en uso deportivo por estrada ou montaña.

“Roubáronlle a bici ao meu fillo e tiven que demostrar que era miña”. Garda o tícket de compra.

Un bo seguro de bicicletas axúdache en todo o demais, Responsabilidade Civil e Protección Xurídica, e ademais podes incluír coberturas como Accidentes, Asistencia, Roubo, Danos Propios.

Xa sabes que nos tes á túa disposición, consúltanos.