“Sen educación non vas a ningunha parte neste mundo” (Malcolm X)

Adoitamos pensar que a mellor herdanza que podemos deixar é unha boa educación e preparación para a vida. E así é.

Un 46% dos directivos españois proceden de status sociais privilexiados fronte ao 17% que chegan de orixes máis humildes. Loxicamente, o 52% dos privilexiados teñen título universitario fronte ao 14% dos sectores máis baixos. Esta división académica reflíctese nos salarios: os profesionais con máis estudos gañan o dobre.

Outro factor é o prestixio da universidade. Cursar un mesmo grao nun campus público ou noutro pode custar ata 3 veces máis. Na universidade privada o importe da matrícula pódese multiplicar ata por 8.

As familias intentamos aforrar para asegurarnos un futuro económico sen sobresaltos. Nese colchón deberiamos incluír os estudos dos fillos.

Por exemplo, un Seguro de Aforro a Longo Prazo sumará ao teu capital xuros, permitirache dispoñer do diñeiro cando o necesites e, ademais, algúns deles poden ter vantaxes fiscais.

Educa os teus fillos no valor do diñeiro e no esforzo de gañalo. Destina unha asignación semanal (ou mensual) para os seus gastos. Ensínalles a aforrar para compras importantes renunciando a outros gastos. E explícalles como administras na casa os ingresos e como garantes o custo dos seus estudos para que poidan vivir mellor.