09/06/2023

Sinistro total = Perda total

Apenas ten o teu coche 2 anos, aínda estás pagando o préstamo que solicitaches a 5 anos, e sufriches un accidente do que, afortunadamente, saes ileso, pero o teu coche é declarado Sinistro Total (ou Perda Total que é o mesmo), quedaches sen coche. Que pasa agora?

Cando unha Aseguradora declara un vehículo sinistro total significa que non se vai facer cargo dos gastos de reparación nin da reposición dos elementos e que te “indemnizará” coa suma previamente acordada na póliza do teu coche para que te fagas con outro vehículo.

Cando se declara un coche sinistro total?

  • Accidente no que os gastos de reparación do coche superan entre o 75 e o 100 % do seu valor venal. Cada aseguradora contempla un % determinado.
  • O vehículo quedou totalmente calcinado a causa dun incendio non intencionado.
  • Roubáronche o coche.

Aseguradoras e Sinistro Total, que aplican?

Existen centos de produtos no mercado con diferentes políticas en canto ás indemnizacións por un sinistro total. “Valor a Novo ou Valor de Mercado”, “Valor venal”, “Valor Venal mellorado” e ademais unha e outras introducen un baremo de tempo; se ten o vehículo 2 anos o 100 % do valor novo, outras só contemplan 1 ano para darche ese 100 %, outras un valor venal mellorado, outras non consideran a mellora… demasiadas combinacións que lle afectan á TÚA indemnización.

O mesmo coche, depende de onde estea asegurado e como, a túa indemnización pode variar en miles de euros. Sabes o que estás comprando cando contratas un seguro?