Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Sinistros incribles pero certos

Se cres que xa o viches todo na vida, sigue lendo algúns dos partes que recompilamos para ti.

Conta un cliente que un reno lle rompera o parabrisas cando caeu do ceo, aínda que ninguén o creu a pesar de que transitaba por unha zona montañosa, foi perfectamente indemnizado.

Outro raro suceso, como non, americano, onde un asegurado sufriu un contratempo ao saír da súa camioneta cunha escopeta. Conta que tropezou e se lle disparou contra a cabina esnaquizando o limpaparabrisas, o cadro de instrumentos, o volante, mesmo os asentos… Xurou e perxurou que el non disparara querendo. O caso é que tiña un seguro “Other Than Collision” que lle pagou todo.