06/03/2024

Só non podes, con amigos si.

Sabías que contratar un seguro de coche pode resultar máis caro a través de comparadores de Internet que coa nosa “correduría”?

A facilidade e o aparente aforro ao evitar intermediarios é enganosa. Sen un asesor, poderías acabar pagando por coberturas innecesarias ou enfrontarte a reclamacións complicadas ti só fronte a teleoperadores e centrais ou a propia compañía.

Na nosa “correduría”, non só obtés prezos e coberturas axustadas ás túas necesidades, senón tamén un aliado experto que te avala, especialmente en momentos críticos.

Lembra, no complexo mundo dos seguros, mellor xuntos que sós.