Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Sol, mar e…embarcacións de recreo

Sempre que falamos de seguros para vehículos, referímonos aos terrestres, pero…e que pasa cos marítimos?

Pois as embarcacións recreativas tamén son vehículos e como tales poden provocar danos a terceiros. As vítimas deben ser reparadas.

En España, ter unha embarcación de recreo, supón ter que asegurala, e actualmente hai uns 188.000 seguros deste tipo, a maioría en embarcacións de motor, pero tamén están as motos acuáticas e as embarcacións de vela. As estatísticas indican que son 30 os contratempos diarios provocados por estas embarcacións cun custo medio de 4.000 €, que en caso de non ter contratado o seguro obrigatorio débese pagar do propio peto…

Como di o refrán: “cando sopra Norte escuro, queda ao abrigo de cabo seguro”, e cun bo seguro.