05/04/2023

“Sol soliño, quéntame un pouquiño”

Chegou a primavera cunha forza estival. Tras un inverno relativamente suave, descubrir de novo o sol fai que collamos a rúa con ganas.

Apetécenos destapar os nosos corpos, chegamos a sacar xa ata as sandalias. E para este clima, cambiamos os nosos hábitos, imos máis ao ximnasio, saímos a pasear moitísimo máis, ben sexa na rúa, nos parques ou en lugares naturais, tamén nos gusta refrixerarnos en terrazas de bares e restaurantes. Pero todo isto vén acompañado de certos “perigos” dos que o Sector Asegurador non é alleo: arrefriados por cambios de temperatura, alerxias primaverais, caídas e lesións físicas porque tomamos moi en serio poñernos en forma, posibles intoxicacións en locais de hostalería…

E fronte a isto, que podemos facer?

Os Seguros de Saúde acompáñante nas visitas aos teus especialistas, ben sexa por un arrefriado común ou por padecer unha alerxia.

Os Seguros de Responsabilidade Civil protexerante ante calquera continxencia que poidas sufrir ao tomar o aperitivo na túa terraza favorita.

Un bo Seguro de Accidentes axudarache ante unha mala caída practicando deporte.

Sal, goza, aproveita o tempo libre. Na nosa “Correduría” ocuparémonos do demais.