Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Son autónom@ dependente, teño dereito a vacacións?

Recibes máis do 75% dos teus ingresos dunha mesma empresa? Entón es autónom@ dependente, para iso é necesario asinar un contrato e rexistralo no Servizo Público de Emprego Estatal.

E agora que estamos no verán, confirmámosche que tes dereito a 18 días hábiles de vacacións, ademais dos descansos semanais e festivos pactados coa empresa empregadora principal. Non obstante, ao tratarse de traballador@s autónom@s este período vacacional non é remunerado e establécese un prazo de tres meses para comunicalo a esta empresa principal.

En xeral, 2 de cada 10 traballador@s autónom@s non gozan dun só día de vacacións. Pois deben seguir cotizando, aínda que manteñan pechado o negocio, co cal non ganan, pero si perden. Por iso sempre recomendamos “cubrir as costas”.

Enferm@ eu? Nunca!

Collen a metade das baixas por enfermidade que un@ traballador@ asalariad@. O 71% d@s traballador@s autónom@s nunca deixan de traballar. E se enferman, quen lles paga?

Existen os seguros de Baixa Laboral (ILT, Incapacidade Laboral Temporal). Aboando unha cantidade anual, a aseguradora indemnízao polos días de baixa.

Así que, mellor contratas un seguro de Baixa Laboral, non che parece?