04/05/2022

Tic tac, non só lles pasa a outros, pronto acontecerá na túa casa

A ver… se en España se producen 4 goteiras por minuto, 1 rotura de cristal cada 26 segundos, 1 roubo cada 1’19” e 1 incendio cada 4’50”, como é posible que aínda non teñas un Seguro de Fogar? 

Pagará os danos que sufras e outros que descoñeces pero que che imos explicar. 

A Carlos buscáronlle probas para demostrar o ciberbulling no colexio ao seu fillo. A Pepe, o Seguro instaloulle a billa do lavabo co servizo do “Mañoso”, a Maruxa restituíronlle o diñeiro dun atraco na rúa, a Miguel aboáronlle os danos que ocasionou o seu can cando cruzou a rúa e provocou un accidente dun coche (e menos mal que non houbo feridos), a Cristina aboáronlle o exceso de consumo de auga cando tivo unha fuga na rega automática do seu xardín, a Xoán déronlle asistencia informática para eliminar un virus no ordenador familiar e configurar unha ferramenta de control parenteral. 

Os Seguros de Fogar poden cubrir situacións que en ocasións son descoñecidas polos que contratan as pólizas e como consecuencia diso, desaprovéitase a posibilidade de esixir determinadas asistencias ás entidades aseguradoras. 

Por iso é tan importante o noso asesoramento como expertos en Seguros, coñecemos os nosos clientes e coñecemos os contratos (con todas as súas cláusulas, limitacións, dereitos e obrigas) e cando acontece o sinistro, acompañámosvos permanentemente para axilizar os trámites, tratar cos peritos ou tramitadores para achegar argumentos técnicos necesarios para a defensa dos teus intereses ata a súa resolución. 

Categorías