Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

“Trending topic”: os seguros de alugueiro

Segundo OESA (Observatorio Español do Seguro de Alugueiro), un de cada tres alugueiros realízase xa cun seguro de Falta de Pagamento. Propietarios e inquilinos prefíreno porque resolve dous problemas: que non paguen e que destrúan a casa. Aínda máis, defende o dono fronte ás reclamacións por vía civil e penal, pagando as costas de avogado e procurador.

A experiencia demostra que a aplicación do seguro de Alugueiro reduciu a morosidade un 85%.

Como “corredor”, recoméndocho porque é máis completo que un aval, non lles supón a retención dunha cantidade importante de diñeiro como fianza aos inquilinos e evítalle os dilemas psicolóxicos e morais ao propietario que debe afrontar un proceso de desafiuzamento.