Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Truco ou trato? “Ata o infinito e máis alá”

Temes a morte ou é unha postura para disfrazarte en Halloween? O medo a morrer denomínase tanatofobia e propoñémosche combatelo deixando os asuntos pendentes ben atados. Na “correduría” pregúntannos a miúdo se un Seguro de Vida é mellor que un Seguro de Decesos. A resposta é non, son diferentes.

Ambos os dous entran en acción cando falece unha persoa. No caso de Decesos, alivia o peso económico e administrativo que deben soportar os seres queridos. No outro, Seguro de Vida, protexe o futuro económico da familia cando alguén se despide para sempre. A indemnización pode rescindir unha hipoteca, garantir os estudos dos fillos ou resolver unha invalidez.

Canto vale a túa vida?

En España, un funeral adoita ser máis caro que no resto de Europa. Decesos paga os gastos do enterro incluíndo xestións, servizos, traslados e tramita a documentación dos herdeiros.

Unha póliza de Vida-Risco paga unha cantidade pactada previamente.

Dous mellor que un

Cal dos dous Seguros me aconsellas?

Son complementarios, non excluíntes. Decesos axuda aos familiares máis directos no peor momento e o de Vida impide que os teus queden nunha situación económica moi complicada. Tamén existe Vida-Aforro que se cobra no momento da xubilación regalándoche a ti, tranquilidade financeira.