04/11/2022

“Un can é adorable e nobre. Un can é un verdadeiro e amoroso amigo”, Mary Oliver

Se abres a porta de casa 50 veces, o teu can sairá a recibirte emocionado 50 veces. Impórtalle unha figa se es guapo ou feo, rico ou pobre, mediocre ou importante. Para el significas o mellor do mundo: o máis listo, o seu compañeiro da alma, o superheroe absoluto.

A súa compañía mellora a túa saúde, faite máis responsable, mitiga o estrés e insúflache felicidade. Segundo os científicos un can di “quérote”:

  • Cando move a cola como un péndulo acelerado e sorrí (ao seu estilo).
  • Cando che trae na boca un pau ou un xoguete para que lle fagas caso.
  • Cando se deita ao teu lado buscando e regalando protección.
  • Cando morde os teus zapatos, a túa roupa e cando te lambe.
  • Cando vai detrás de ti pola casa e se senta aos teus pés.

E non lle importa se vas ao traballo porque sabe que nunca o abandonarás. En España xa hai máis cans que menores de 15 anos: 13 millóns!

Non obstante, os nosos amiguiños poden sufrir un accidente, enfermar ou perderse. Son un membro máis da familia. E, para devolverlles un pouquiño do que nos achegan e aforrar gastos imprevistos, inventamos os Seguros de Mascotas. Coidan a súa saúde, as súas viaxes, protéxenos de roubos, deféndenos con asistencia xurídica ou responsabilidade e despídenos ocupándose do deceso. Existen moitas opcións aseguradoras, segundo as túas necesidades e o teu presuposto: consúltanos; revisamos, comparamos, orientamos. Ti decides.

O teu can nunca romperá o seu lazo afectivo contigo. Así que, como dixo o sabio, “eu só me fío da miña nai e do meu can”.