02/08/2022

Vacacións e viaxes, imprevistos noutros lugares

Que mala sorte! Non bebera nin gota de alcohol, pero vaia mareo! Daniela vía borroso e non podía camiñar sen axuda. Como se lle puido ocorrer comprar “pad thai” nun posto na rúa de Bangkok?… 5 días de hospitalización máis tarde achegouse Lucas a pagar. O “pad thai” na rúa apenas lles custara 2 € pero a factura do hospital sumaba varios ceros á dereita. Na recepción preguntáronlles, “Talvez prefiran que o seu seguro se faga cargo da factura?”

Pois si, o seguro fíxose cargo do total da factura, pero para que nos fagamos unha idea, un estadounidense en Seattle recibiu unha factura de 1,2 millóns de dólares tras pasar dous meses hospitalizado por coronavirus. Unha operación por apendicite está de media por enriba de 15.000€ e se che acontece en países con poucos medios, se organiza e se custea o teu traslado ao centro máis adecuado ou ao teu país se é necesario, tamén o de acompañantes, mesmo cun avión sanitario se fixese falta.

Ademais, adquirir un seguro de viaxe con cobertura de cancelación darache total tranquilidade para reservar a túa viaxe sabendo que, se debes anulalo por causas como problemas de saúde ou falecemento dalgún familiar, despedimento do teu traballo ou incorporación a un novo traballo, convocatoria a exames de oposición ou a mesa electoral, retirada do permiso de conducir ou sanción de tráfico dun importe elevado, recuperarás o diñeiro investido.

Tamén nos preguntan pola “Tarxeta Sanitaria Europea” que lle acredita ao viaxeiro o dereito a recibir as prestacións sanitarias nos destinos nos que esta ten validez: Espazo Económico Europeo, Reino Unido e Suíza. Pero ten as súas limitacións en certos países e para segundo que tratamentos ou medicamentos, deberás asumir unha porcentaxe dos gastos derivados da asistencia sanitaria. Tampouco cobre a repatriación ao país de orixe con urxencia e as viaxes con fins deportivos non estarían o suficientemente cubertas coa Tarxeta Sanitaria, non custea certos tratamentos por accidente deportivo ou a busca e rescate.

O máis importante é ter un seguro que cubra as TÚAS necesitades específicas dependendo de onde, de cando ou a través de que medios. Por iso facemos unha análise por cada cliente e adaptamos o mellor seguro ao mellor prezo sempre.