03/07/2023

Vacacións no mar. Ou na piscina da comunidade.

O importante é desconectar. Mariña e a súa familia este ano non poderán coller uns días de vacacións na praia; non obstante, organizáronse para gozar dos seus días de descanso. E será nas zonas comúns da urbanización. É unha comunidade grande, catro torres de pisos coa súa piscina comunitaria, as súas pistas deportivas “mixtas”, cancha de baloncesto, tenis e fútbol; hai que pedir quenda. Tamén hai merendeiro para as cervexas. E, como non, un pequeno parque. Todos con dereito a gozar e xogar. Uns partidos pola mañá cos veciños do primeiro, xogo na piscina e parque cos máis pequenos, e pola noite de tapas cos veciños do quinto. Pero…

O que xoga con lume quéimase

Protéxete das queimaduras solares e de posibles insolacións. Ten coidado preto da auga para evitar esvaróns, cortes e golpes. Un mal lanzamento á piscina pode desembocar nun traumatismo. Un xogo brusco, unha simple cambra ou un corte de dixestión poderían provocar un afogamento.

Quen é o responsable?

As piscinas comunitarias coidarán a calidade da auga, establecerán as normas de uso e un horario público e visible. Tamén será necesario ter unha persoa técnica en socorrismo e salvamento dependendo do tamaño.

Pero se acontece un accidente, e non é neglixencia persoal, a responsabilidade recae nos veciños. Existen seguros para Piscinas Comunitarias e seguros de Comunidades que as inclúen.

Consúltanos, revisaremos a vosa póliza de Comunidade.