Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Viaxamos contigo

Un 53% da poboación española viaxará esta Semana Santa. A maioría quedaremos en territorio nacional, pero unha de cada tres persoas desprazarase ao estranxeiro. Sempre recomendamos contratar un seguro de Asistencia na Viaxe, especialmente cando os desprazamentos son ao estranxeiro.

É moi importante ter presente o valor da sanidade, especialmente cando esta non está incluída no teu pasaporte: un simple escáner pódeche custar en EE UU. 880 €, 653 € en Nova Zelandia, 250 € se vas ao Países Baixos. E se de súpeto, na túa viaxe tan desexada a Nova York, che empezan a dar uns mareos dos que descoñeces a súa causa, vas a urxencias e che teñen que facer unha resonancia (1.023 €) e te ingresan dous días en observación porque aínda non deron co diagnóstico (3.836 €/día).

Que é un Seguro de Viaxe?

As coberturas habituais destas pólizas inclúen asistencia sanitaria con gastos médicos, de farmacia, hospitalización, intervencións cirúrxicas, desprazamentos, repatriación… De feito, dos sinistros atendidos o 77% corresponde a gastos médicos no estranxeiro.

Tamén son habituais as perdas ou roubos de equipaxe con indemnizacións por extravío, roubos ou danos durante o transporte.

Mesmo hai pólizas que cobren os atrasos por causas alleas á túa vontade, a Responsabilidade Civil e a Defensa Xurídica no estranxeiro.

En moitas ocasións, é moi útil a garantía de anulación da viaxe. As causas admitidas son: enfermidade, accidentes, falecemento do asegurado ou familiares, intervencións cirúrxicas graves…

Goza do teu tempo libre, goza das túas vacacións, vaias onde vaias, fagas o que fagas “asegúrate de aseguralo”.