06/09/2023

Vivir sen ataduras

Propóñoche unha lección de filosofía con Séneca, “o estoico”, un cordobés rico e sabio que triunfou e se suicidou en Roma para contrariar ao “malvado” Nerón.

“Por que malgastas o tempo na única cousa en que debes ser avaro?” O tempo é a posesión máis valiosa que temos, pero pasamos a vida ocupados en non facer nada. Nunca pensamos no final, aínda que vivimos como se fósemos inmortais.

Un día podes perder a túa autonomía e necesitarás a axuda doutra persoa. A Lei de Dependencia recoñéceche este dereito, pero o seu apoio sempre queda curto e chega tarde (6 meses despois). E xeralmente supón un gasto desorbitado para a maioría de familias.

O Sector Asegurador resolve este problema co Seguro de Dependencia que supón o aboamento dunha indemnización en forma de renda ou capital. Pode recibirse nun pagamento único ou cun “soldo vitalicio” (mensual, trimestral…).

Séneca recomendaríache que o contrates inmediatamente. “A fortuna ten o hábito de comportarse como lle prace” e, en calquera momento, pódeche dar un susto. O momento de subscribir o seguro é antes de que che aconteza algo. Entre os 30 e 40 anos obtéñense as condicións máis vantaxosas.

Se o prefires, a aseguradora enviará á túa casa unha persoa que axude nas tarefas diarias, coidados físicos, limpeza, acompañamento médico ou asistencia e vixilancia nocturna.

Creme, isto é importante. Vivimos pendentes do móbil, das noticias, do traballo, dos compromisos sociais… E cando repasamos a actividade ao final do día, o saldo é deficiente. “Unha persoa preocupada non pode realizar ningunha actividade con éxito”. Aprende a dicir NON e enfócate en vivir plenamente, é o que de verdade che importa.