04/04/2022

“Volare oh-oh”

Os pneumáticos non tocan o asfalto, flotan sobre a auga, o teu coche esvara, estás voando, como conduces con aquaplaning?

O aquaplaning dáse con maior probabilidade cando se acumula chuvia intensa na superficie da estrada. Tamén pode acontecer cando o asfalto é tan irregular que fai que se formen grandes charcos de auga estancada. Se os pneumáticos non poden agarrarse debidamente á estrada durante o aquaplaning, esta falta de tracción ten consecuencias importantes para a seguridade do coche. O condutor perde o control do vehículo e é incapaz de frear, de xirar o volante ou de acelerar.

Ponlle un bo calzado ao teu coche: pneumáticos co debuxo e presión correctos e, se está chovendo, diminúe a túa velocidade e estende a túa distancia de freada. E xa sabes, que, se a pesar de todas as precaucións acontece un accidente, o teu Seguro de Asistencia coidarate, leva sempre na túa axenda do móbil o teléfono do teu seguro.